MIGUEL MATAMORO
Compositor, pianista e produtor
Miguel Matamoro é licenciado en composición polo Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene), onde foi alumno de músicos como Ramón Lazkano e Gabriel Erkoreka. En 2012, a piques de rematar os seus estudos superiores, gañou o premio de composición EMCW pola súa peza para clarinete, saxofón e trío de cordas Onde a espuma non chega. Posteriormente, completou a súa formación no Centro Superior Katarina Gurska (Madrid), onde cursou o Máster en Composición Instrumental Contemporánea xunto a Aureliano Cattaneo, Alberto Posadas e José Luis Torá. Ao longo da súa educación musical, recibiu clases maxistrais de compositores como Michael Finnissy, Gerard Pesson, Elena Mendoza, Johannes-María Staud, Emile Naoumoff, Pierluigi Billone, Félix Ibarrondo, Ivan Fedele, Narcis Bonet ou David Conte.
O seu repertorio abarca música de cámara, sinfónica e a solo, ademais de electrónica e vídeo-arte. As súas pezas foron interpretadas en festivais, ciclos e auditorios de España, Francia, Italia, Canadá, México, EEUU e a República Checa. Entre eles destacan a Quincena Musical de San Sebastián, o ciclo de música Contemporánea da Fundación BBVA, o Ciclo de Música Contemporánea de Musikagileak, a Fundación Juan March, o Festival Resis de A Coruña, a Mostra Sonora, o festival Ensems, o festival Art-Sciences de Bourges, a Universidade de Houston ou a Real Academia de Belas Artes de Galicia.
O seu repertorio sinfónico foi interpretado por diferentes agrupacións, como a Orquesta Sinfónica do País Vasco (OSE), a Leos Janacek Philharmonic Orchestra, a Real Filharmonía de Galicia, a Banda Sinfónica de Valencia, a Banda Municipal de Castellón ou a Banda Municipal de A Coruña; baixo a batuta de directores como Jirí Petrdlík, Manuel Nawri, Maximino Zumalave, Manel Valdivieso, Marcel Ortega ou Asier Puga. Ademais, traballou con diferentes agrupacións de cámara e ensembles, entre os que se atopan Vertixe Sonora, o trío Zukan, o cuarteto de saxofóns Quasar, Espai Sonor, Taller Sonoro, Arxis Ensemble ou o Grupo OCAZ Enigma.
Ao longo da súa carreira traballou con solistas de gran prestixio como Sévérine Ballon, Christian Dierstein, Chrichan Larson, Klara Novakova, Roberto Alonso ou Iván Fernández.
Recibiu encargos da Quincena Musical de San Sebastián, o instituto Etxepare, a asociación vasca de compositores Musikagileak ou o Consello da Cultura Galega; para este último compuxo, con motivo da celebración do Día das letras galegas de 2018, a obra Duns folios que foron blancos, para coro e orquestra.